Tibet Libre

11.2.08

Loito en Old Trafford

Hai uns días cumplíronse 50 anos da catastrofe de Munich, na que morreron 8 xogadores do Manchester United ademais doutras 15 persoas.
Todos definen aquel equipo como un equipo que aspiraba a quitarlle a hexemonía europea ao Real Madrid. Era un equipo de grandes xogadores como Roger Byrne, Geoff Bent, Eddie Colman, Mark Jones, David Pegg, Tommy Taylor... Pero a súa estrela era Duncan Edwards, un xogador novo cunha gran proxección no mundo do fútbol. "Foi o único xogador que me fixo sentir inferior", dixo del Bobby Charlton.
A traxedia comezou cando intentaban viaxar dende o aeroporto de Munich ata Londres, era un día nevado e con pouca visibilidade. Houbo dous intentos fallidos de despegue, pero aínda así o piloto proseguiu no seu empeño de despegar e neste último intento non logrou nin a velocidade nin a altura suficiente para superar o valado do aeroporto e o avión chocou contra unha casa deshabitada. Sete xogadores morreron no acto, e Duncan Edwards morreu 15 dias despois no hospital.
En Old Trafford existen dous monumentos que homenaxean a este equipo, un reloxo que marca a hora a que se produciu o accidente e unha placa que conmemora a este conxunto de xogadores.
Podédelo ver en: Hombres de honor

3 comentários:

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

É certo que foi unha gran traxedia, pero eu penso que se debería facer mención a outras traxedias que teñen un número de mortes máis alto, pero que apenas se citan porque non se trata de xente famosa ou recoñecida internacionalmente.


Un saúdo

Anônimo disse...

Foi unha mágoa, por todas as vidas que se perderon e porque este equipo tiña pronosticado un gran futuro no mundo do fútbol. Ata se chegaba a dicir que Duncan Edwards era mellor xogador que o gran Bobby Charlton.

Un saúdo