Tibet Libre

14.4.08

You'll never walk alone

Anfield é un estadio situado no distrito de Anfield, en Liverpool, Inglaterra. Este estadio foi construído en 1884, e orixinalmente foi o estadio do Everton F.C. ata 1892, ano no que pasou a ser o estadio do Liverpool F.C.

Pouco a pouco este equipo fíxose coa admiración de gran parte dos afeccionados ao fútbol, xa que conta cunha gran afección e cun recoñecido himno, o "you'll never walk alone". Orixinalmente esta foi unha canción feita para un musical e foi versionada por moitos artistas de renome, entre eles un grupo da cidade chamado Gerry & The Pacemakers e posiblemente a afección o tomara como unha canción propia a raíz deste feito.

foto:wikipedia

A grada mais significativa deste estadio é a grada sur coñecida como "The Kop" unha grada que desperta moitas e diferentes sensacións nos xogadores que pisan este mítico estadio. "A forza da grada é tan brutal que por veces pensei que aspiraban o balón" dixo Phil Neal, mítico xogador dos 80. Kenny Dalglish, ex adestrador e xogador sempre tivo claro que desde aquel fondo de Anfield "vivíanse o soños da xente que nos vía. Dabamos un esforzo extra porque eles sempre o daban. Era unha relación de respecto e admiración mutua"

Sen dúbida este estadio e este clube merecen a admiración e o respecto de todo o mundo do fútbol, e nós non iamos a ser menos.


Para saber máis: Fútbol intelectual, Anfield na Wikipedia