Pouco a pouco este equipo fíxose coa admiración de gran parte dos afeccionados ao fútbol, xa que conta cunha gran afección e cun recoñecido himno, o "you'll never walk alone". Orixinalmente esta foi unha canción feita para un musical e foi versionada por moitos artistas de renome, entre eles un grupo da cidade chamado Gerry & The Pacemakers e posiblemente a afección o tomara como unha canción propia a raíz deste feito.
foto:wikipedia
A grada mais significativa deste estadio é a grada sur coñecida como "The Kop" unha grada que desperta moitas e diferentes sensacións nos xogadores que pisan este mítico estadio. "A forza da grada é tan brutal que por veces pensei que aspiraban o balón" dixo Phil Neal, mítico xogador dos 80. Kenny Dalglish, ex adestrador e xogador sempre tivo claro que desde aquel fondo de Anfield "vivíanse o soños da xente que nos vía. Dabamos un esforzo extra porque eles sempre o daban. Era unha relación de respecto e admiración mutua"Sen dúbida este estadio e este clube merecen a admiración e o respecto de todo o mundo do fútbol, e nós non iamos a ser menos.
Para saber máis: Fútbol intelectual, Anfield na Wikipedia
2 comentários:
A min paréceme interesante esta entrada porque me gusta o fútbol, pero penso que non é interesante para a xente á que non lle guste. Eu suxírovos que non fagades entradas que teñan como tema o fútbol.
Postar um comentário