Tibet Libre

11.6.08

Entrevista con Xabier P.Docampo



Imos presentar unha entrevista con Xabier P.Docampo. Mestre sen exercer, o seu traballo dinamizador en favor da cultura galega coñeceu diferentes ámbitos de actuación: foi actor de teatro, autor de guións para cine e televisión así como director de diferentes programas de radio; involucrado activamente nos movementos de renovación pedagóxica, é coautor de libros de texto e formou parte do equipo iniciador de "Preescolar na casa"; participou activamente na creación de "Gálix" (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), da que foi presidente e actualmente é membro da Xunta Directiva. É un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega, á que incorporou a milleiros de lectores con éxitos de vendas como O misterio das badaladas ou A chave das noces, así como Cando petan na porta pola noite (Premio Rañolas ao libro infantil e xuvenil do ano 1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995, Lista de Honra do IBBY 1996). Ademais, reúne unhas excepcionais condicións de narrador oral que o converten nun eficaz e popular contador de contos.

esbra:Sabemos que acabas de retirarte da docencia, como te atopas na túa situación actual?Botas de menos algo en especial?En que empregas agora o teu tempo?

Xabier:O máis do meu tempo agora dedícoo á literatura:leo, escribo, dou conferencias, escribo artigos... Non boto en falta nada en especial, sempre fun de non ollar para atrás.

esbra:Por que literatura en galego?Houbo algún autor que influíra máis na túa obra?

Xabier:Porque somos unha nación e temos unha lingua propia. A unha lingua correspóndella unha literatura. É coa súa acta de existencia, como o testemuño de sermos. Se entendo a pregunta como dicir ese escritor que teño por modelo, polo que máis disfruto lendo , entón direi que é Álvaro Cunqueiro.

esbra:Que destacarías do teu labor como autor tanto a nivel persoal como profesional?

Xabier:Non son moito de reparar en min. Forma parte do meu camiño para o coñecemento, tanto do mundo coma de min.Non sei vivir sen escribir.

esbra:No teu blogue falas da túa relación cos movementos de renovación pedagóxica, por que decidiches ser mestre e apostar por esa renovación?

Xabier:Eu fun mestre un pouco por accidente, pero depois gustoume selo. Quixen tamén facer este hoficio con honradez e dignidade.

esbra:Volvendo ao teu labor como literato por que decidiches facer na maior parte dos casos literatura infantil e xuvenil consideralo un público máis difícil ou máis fácil?

Xabier:Non é máis fácil nin máis difícil. Eu, coma a maioría dos escritores galegos da miña xeración que escribimos LIX, fixémolo porque eramos conscientes de que o país precisaba unha LIX de calidade en galego. Por outra parte eu tratei de escribir os meus libros para todos os lectores, tendo coidado de que os novos puidesen entender tamén.

esbra:Tamén estiveches ligado ao teatro, que destacarías desta etapa no teu labor como director, como actor, ambas?Continuas facendo algo dentro dete mundo?

Xabier:Eu fun autor mediocre, algo mellor director. Foi unha etapa da miña vida da que gustei moito. Talvez algún día escribirei unha obra de teatro, algún día non lonxano...

esbra:Á radio dedicaches sete anos da túa vida como guionista e director de diversos tipos de programas, abandonaches xa totalmente esta faceta?

Xabier:Non. Na actualidade aínda colaboro cada semana nun programa de Radio Galega no que falo de libros. A radio gústame moito.

esbra:Cal é na túa opinión a maior satisfacción que pode obter unha persoa que está ligada a tantos movementos de promoción da lingua e cultura galega?

Xabier:A miña maior satisfacción sería a de vervos a vós, os mozos e mozas galegos orgullosos da nosa lingua e falándoa arreo. Abandonando prexuízos suicidas e sendo conscientes da nosa riqueza, de que o que sabe galego sabe máis, e abandonar un coñecemento que un ten posibilidades de posuír é de xente de cativa intelixencia.

14.4.08

You'll never walk alone

Anfield é un estadio situado no distrito de Anfield, en Liverpool, Inglaterra. Este estadio foi construído en 1884, e orixinalmente foi o estadio do Everton F.C. ata 1892, ano no que pasou a ser o estadio do Liverpool F.C.

Pouco a pouco este equipo fíxose coa admiración de gran parte dos afeccionados ao fútbol, xa que conta cunha gran afección e cun recoñecido himno, o "you'll never walk alone". Orixinalmente esta foi unha canción feita para un musical e foi versionada por moitos artistas de renome, entre eles un grupo da cidade chamado Gerry & The Pacemakers e posiblemente a afección o tomara como unha canción propia a raíz deste feito.

foto:wikipedia

A grada mais significativa deste estadio é a grada sur coñecida como "The Kop" unha grada que desperta moitas e diferentes sensacións nos xogadores que pisan este mítico estadio. "A forza da grada é tan brutal que por veces pensei que aspiraban o balón" dixo Phil Neal, mítico xogador dos 80. Kenny Dalglish, ex adestrador e xogador sempre tivo claro que desde aquel fondo de Anfield "vivíanse o soños da xente que nos vía. Dabamos un esforzo extra porque eles sempre o daban. Era unha relación de respecto e admiración mutua"

Sen dúbida este estadio e este clube merecen a admiración e o respecto de todo o mundo do fútbol, e nós non iamos a ser menos.


Para saber máis: Fútbol intelectual, Anfield na Wikipedia

11.2.08

Loito en Old Trafford

Hai uns días cumplíronse 50 anos da catastrofe de Munich, na que morreron 8 xogadores do Manchester United ademais doutras 15 persoas.
Todos definen aquel equipo como un equipo que aspiraba a quitarlle a hexemonía europea ao Real Madrid. Era un equipo de grandes xogadores como Roger Byrne, Geoff Bent, Eddie Colman, Mark Jones, David Pegg, Tommy Taylor... Pero a súa estrela era Duncan Edwards, un xogador novo cunha gran proxección no mundo do fútbol. "Foi o único xogador que me fixo sentir inferior", dixo del Bobby Charlton.
A traxedia comezou cando intentaban viaxar dende o aeroporto de Munich ata Londres, era un día nevado e con pouca visibilidade. Houbo dous intentos fallidos de despegue, pero aínda así o piloto proseguiu no seu empeño de despegar e neste último intento non logrou nin a velocidade nin a altura suficiente para superar o valado do aeroporto e o avión chocou contra unha casa deshabitada. Sete xogadores morreron no acto, e Duncan Edwards morreu 15 dias despois no hospital.
En Old Trafford existen dous monumentos que homenaxean a este equipo, un reloxo que marca a hora a que se produciu o accidente e unha placa que conmemora a este conxunto de xogadores.
Podédelo ver en: Hombres de honor

10.12.07

Tamega

Guilherme Tamega é na miña opinión o mellor especialista de bodyboard da historia. Non hai moito tempo vin un video dos mellores, o video comezaba cunha sesión nunhas ondas de medio metro aproximadamente e mentres os demais non eran capaces de despegar a taboa da onda el andaba a facer aéreos despegando todo o corpo. Aquí vos deixamos cun dos seus videos :


27.11.07

Descoñecemento ou hipocresía?

Aínda está presente na memoria da xente o recordo do famoso vídeo de Boiro, como rapaces que somos este vídeo fíxonos recapacitar e ver que non é un feito illado, senón que ocorre habitualmente.


Na nosa opinión a sociedade só ve os problemas cando se magnifican pola acción dalgun tipo de medio de comunicación, agora a xente condena este feito, pero non se decata, ou non se quere decatar de que isto ocorre con máis frecuencia da que se pensa, e isto fainos reflexionar sobre varias cuestións...
Vivímos realmente nunha sociedade allena aos problemas da xente nova ou nunha tan hipócrita que só mostra repulsión polos problemas que difunden os medios de comunicación??

Outro tema de interese podería ser se é conveniente a utilización de teléfonos móbiles no ámbito escolar, pero non queremos aburrivos máis coas nosas reflexións así que falaremos outro día deste tema...

23.10.07

Layla

Esta canción escribiulla Eric Clapton a súa muller que despois acabaria mantendo unha relación sentimental cun membro dos "Beatles". Un temazo!!

Esta é a letra da canción:

What'll you do when you get lonely

and nobody's waiting by your side?

you've been running and hiding much too long.

you know it's just your foolish pride.

layla, you've got me on my knees.

layla, i'm begging, darling please.

layla, darling won't you ease my worried mind.

I tried to give you consolation

when your old man had let you down.

like a fool, i fell in love with you,

turned my whole world upside down.

chorus

Let's make the best of the situation

before i finally go insane.

please don't say we'll never find a way

and tell me all my love's in vain.

chorus

chorus

11.10.07

Boas!

Aquí dous rapaces que comezan a expresarse neste gran mundo, desde unha pequena clase de Tecnicas de expresión escrita do I.E.S David Bujan (Cambre).
Aínda non temos moita idea de como funciona todo isto pero pouco a pouco prometemos mellorar, todo iso sería máis doado se non nos désedes moita "caña" nos vosos comentarios xa ó comezo, ben aquí deixamos a nosa presentación.